Etiquetas

  • A (4)
  • B (3)
  • C (7)
  • D (2)
  • E (2)
  • F (2)
  • G (2)
  • H (1)
  • I (3)
  • L (2)
  • M (12)
  • N (4)
  • p (2)
  • R (1)
  • S (5)
  • T (5)
  • U (1)

miércoles, 28 de marzo de 2012

Mi nombre es Bach

Narra o encontro histórico que se produciu en maio de 1747, en Postdam, entre o compositor Johann Sebastian Bach, case cego e ao final dos seus días, e o xove emperador Federico II, amante da música e gran admirador do vello mestre. Bach, que contaba con 65 anos, fixera unha longa viaxe desde Leizpig para ir ao bautizo do seu primeiro neto Adam, fillo de Emanuel, o seu fillo de 28 años. Nese encontro entre o rei e o famoso compositor, o monarca ve en Bach a un pai ideal, nas antípodas do seu, Federico Guillermo I, e Bach ve no mozo homosexual ao fillo poderoso e resolto que lle gustaría ter, tan distinto a Emanuel, demasiado sumiso e marxinal aos seus ollos. Con Bach viaxa tamén Friedemann, o seu fillo maior, de 30 años, un brillante organista, rebelde por natureza e con tendencia á autodestrucción. A aproximación entre artista e monarca comeza a sementar a discordia entre Bach e a corte.

Ficha técnica

Máis que un trailer




martes, 27 de marzo de 2012

Profesor Holland

Glenn Holland (Richard Dreyfuss) ve como o seu traballo actual como músico en festas privadas non da para moito, mentras soña con compoñer a súa gran obra. Cando se decide a cambiar de traballo e se converte en profesor dunha destartalada escola, descobre a súa verdadeira vocación; ensinar aos xoves a entender a vida a través da música.




Trailer


jueves, 15 de marzo de 2012

Bienvenidos al norte

Phillippe Abrams (Kad Merad) é un carteiro ao que destinan, en contra da súa vontade, a Bergues, un pequeno pobo na fronteira con Bélxica. Pero, cando chega alí, atopa un lugar idílico e xente encantadora. De todas formas, a súa muller (Zoé Félix), da que está bastante distanciado, asegúralle que vive nun auténtico inferno, co  fin de despertar a súa compasión. Pero un día ela decide ir verlo. Entón Abrams pidelles aos seus novos amigos e veciños que representen unha farsa e se comporten de forma que pareza que a vida nese pobo é verdadeiramente unha pesadilla. Obtivo un enorme éxito de taquilla en Francia: máis de 110 millóns de euros, ademais doutros récords como ser a cinta francesa máis taquilleira da historia en Bélxica.

Ficha técnica