Etiquetas

  • A (4)
  • B (3)
  • C (7)
  • D (2)
  • E (2)
  • F (2)
  • G (2)
  • H (1)
  • I (3)
  • L (2)
  • M (12)
  • N (4)
  • p (2)
  • R (1)
  • S (5)
  • T (5)
  • U (1)

viernes, 27 de abril de 2012

Memorias de África

A principios do século XX, Karen (Streep) contrae un matrimonio de conveniencia co barón Blixen (Brandauer), un mullereiro empedernido. Ambos establécense en Kenia co propósito de explotar unha plantación de café. En Karen Blixen nace un apasionado amor pola terra e pola xente de Kenia. Pero tamén se enamora perdidamente de Denys Finch-Hatton (Redford), un personaxe aventureiro e romántico á antigua usanza, que ama a liberdade por encima de todas as cousas.



Trailer

jueves, 26 de abril de 2012

Nowhere boy



Película biográfica que vai desde a infancia e adolescencia de John Lennon até a formación dos Beatles. Liverpool 1955: John era un mozo de quince anos intelixente e rebelde, cunha familia conflictiva, sin pai, e na que dúas mulleres vivían enfrentadas porque tiñan ideas contrapostas respecto ao seu futuro: Mimi, a tía severa que o criara, e Julia, súa nai, unha muller chea de vitalidade. Impulsado polo desexo de ter unha familia normal, John refuxiase no excitante mundo do rock, onde encontra a súa alma xemelga no adolescente Paul McCartney. Pero xustamente cando John está a punto de empezar unha nova vida, sofre unha tráxica perda. O xoven Lennon, entón, terá que encontrar forzas suficientes para seguir adiante e a súa voz resoará por todo o mundo dando vida       ao mito...
Ficha técnica
Trailer


lunes, 16 de abril de 2012

Sinfonía de primavera

Narra a historia do compositor do século XIX Robert Schumann e a súa muller pianista Clara Wieck, tormentoso matrimonio que foi destruido a causa da fama e o poder da música. Drama biográfico protagonizado por Herbert Grönemeyer, o cantante pop máis famoso de Alemaña.

viernes, 13 de abril de 2012

Love actually

En Londres, pouco antes das Navidades, entrelázanse unha serie de historias divertidas e conmovedoras. "Love, Actually" é unha maneira abreviada de dicir “Love Actually Is All Around” e este é precisamente o argumento da película: mires a donde mires, encontrarás o amor en todas partes. Todos os personaxes, cada un á súa maneira (un primeiro ministro, unha vella estrela do rock, unha asistenta portuguesa que so fala o seu idioma), están relacionados cos aspectos máis divertidos, tristes, inxenuos e estúpidos do amor.
Ficha técnica




Trailer

jueves, 12 de abril de 2012

La duquesa

Inglaterra, século XVIII. Fermosa, sofisticada e adorada polo pobo, Georgiana (Knightley) foi a muller máis fascinante da súa época. Casada moi xove cun dos  homes máis ricos de Inglaterra, o Duque de Devonshire (Fiennes), foi confidente íntima de ministros e mantivo excelentes relacións coa Casa Real. Chegou a ser tamén un icono da moda, e a súa influencia no Partido Liberal foi notable. Sin embargo, fracasou estrepitosamente na súa búsqueda desesperada do amor: desde o apaixoado pero fatídico romance con Earl Gray até o complicado triángulo amoroso co seu marido e a súa mellor amiga Lady Bless Foster (Atwell).


Trailer

domingo, 8 de abril de 2012

Todas las mañanas del mundo

Francia, Século XVII. Narra a historia do mestre de viola máis importante de todos os tempos. É   a vida do ancián Monsieur de Sainte-Colombe, sumido nunha profunda melancolía pola morte da súa muller, e o aínda xove Marin Marais, decidido a ser o seu discípulo para perfeccionar o uso da viola. Ao mesmo tempo, desenvólvese unha relación entre este e a filla do vello mestre. 

jueves, 5 de abril de 2012

Che: el argentino


Biopic do famoso guerrilleiro e revolucionario Ernesto 'Che' Guevara, baseado no seu diario. Narra o periodo da guerrilla en Sierra Maestra, baixo  o mando de Fidel Castro, desde o desembarco do Gramma en decembro de 1956, até a fuxida de Batista, presidente que gobernou Cuba co  beneplácito dos americanos desde 1952. No Festival de Cine de Cannes emitiuse integramente (catro  horas e media). Nos cines comerciais emítese dividida en dúas películas: "Che: El argentino" e "Guerrilla" (uns 140 minutos cada una).






Trailer