Etiquetas

  • A (4)
  • B (3)
  • C (7)
  • D (2)
  • E (2)
  • F (2)
  • G (2)
  • H (1)
  • I (3)
  • L (2)
  • M (12)
  • N (4)
  • p (2)
  • R (1)
  • S (5)
  • T (5)
  • U (1)

martes, 15 de noviembre de 2011

El ilusionista

Na Viena de 1900, o misterioso Eisenheim (Edward Norton) cautiva o público cos seus espectáculos de maxia e ilusionismo. Os seus poderes sobrenaturais chegan a oídos do príncipe herdeiro Leopold (Rufus Sewell), un home escéptico que acode ó espectáculo acompañado da súa prometida, a bela e sofisticada Sophie (Jessica Biel). Sospeitando un fraude por parte de Eisenheim, o príncipe encarga ao perspicaz inspector de policía Uhl (Paul Giamatti) que o vixíe de cerca.

Ficha técnica

lunes, 14 de noviembre de 2011

Cyrano de Bergerac


Cyrano é un brillante poeta e un hábil espadachín que expresa o seu amor pola bela Roxane a través de Christian, o aposto soldado a quen ela ama. Cyrano é fanfarrón, de xenio vivo pero á vez inxenioso e irónico, nobre e orgulloso. Pero esconde una ferida segreda que o atormenta: o seu agudo sentido do ridículo, a súa fealdade e a súa susceptibilidade impedíronlle ser amado por Roxane. Sin embargo, xa que a súa amada quere a outro, el axudaralle ó seu rival escribindo no seu nome apaixoadas cartas de amor.

Ficha técnica

martes, 8 de noviembre de 2011

Mystic River


Cando Jimmy Markum (Sean Penn), Dave Boyle (Tim Robbins) e Sean Devine (Kevin Bacon) eran nenos que medraban xuntos nun perigoso barrio obreiro de Boston, pasaban os días xogando ó béisbol na rúa. Pero, un día, a Dave sucedeulle  algo que marcou para sempre a súa vida e as dos seus amigos. Vintecinco anos máis tarde, outra traxedia volve a unilos: o asasinato de Katie (Emmy Rossum), a filla de 19 anos de Jimmy. A Sean, que é policía, asígnanlle o caso; pero tamén ten que estar moi pendente de Jimmy porque, na súa desesperación, está intentando tomar a xustiza pola súa man.



Ficha técnica

El niño del pijama de rayas


Berlín, 1942. Bruno (Asa Butterfield) ten oito anos e descoñece o significado da Solución Final e do Holocausto. Non é consciente das crueldades que o seu país está facendo pasar a moitos pobos de Europa durante a Segunda Guerra Mundial. Todo o que sabe é que seu pai -que ven de ser nomeado comandante dun campo de concentración- foi ascendido no escalafón, e que pasou de vivir nunha confortable casa de Berlín a unha zona illada. Todo cambia cando coñece a Shamuel, un neno xudeu que vive unha vida ben diferente do outro lado do aramado.

Esta película está baseada na novela do mesmo título escrita polo irlandés John Boyne.



Ficha técnica
John Boyne na biblioteca


domingo, 6 de noviembre de 2011

El fantasma de la ópera


Ano 1870. A Ópera de París prepara o estreo do seu espectáculo máis fastuoso, pero un misterio escóndese entre bastidores: a presenza do Fantasma (Gerald Butler). Ninguén sabe que ou quen é, pero as súas aparicions son cada vez máis frecuentes e sementan o pánico entre o público. Soamente Christine (Emmy Rossum), unha xove bailarina, pode acercarse a el: o Fantasma é o seu mestre de canto. O que Christine ignora é que o Fantasma está profundamente namorado dela e non permitirá que ninguén se interpoña no seu camiño.

Esta película está baseada na obra  do mesmo título, de Gastón Leroux

Ficha técnica
Gastón Leroux na biblioteca

Charlie y la fábrica de chocolate


Esta película está baseada na obra de Roald Dhal do mesmo título. 

Charlie Bucket (Freddie Highmore), un neno moi bo dunha familia moi pobre, gaña un concurso, xunto a outros catro nenos de diferentes partes do mundo, para disfrutar dunha visita durante todo un día á xigantesca fábrica de chocolate dirixida polo excéntrico Willy Wonka (Johnny Depp) e o seu equipo de Oompa-Loompas. A fábrica parécese a un mundo fantástico e máxico cheo de diferentes sabores, todos moi doces.

Ficha técnica
Roald Dhal na biblioteca 

sábado, 5 de noviembre de 2011

El último emperador


Pekín, 1908. China atópase en plena decadencia. Pu Yi, un neno de tres anos, é arrancado dos brazos de súa nai, no medio da noite, e conducido ata a Cidade Prohibida, onde é coroado emperador, pero terá que vivir recluído dentro deste recinto inaccesible.


Amélie


Amélie non é unha rapaza como as demais. Viu o seu peixe de cores deslizarse cara ós sumidoiros municipais, a su nai morrer na praza de Notre-Dame e a seu pai adicar todo o su afecto a un gnomo de xardín. De repente, ós seus vintedous anos, descobre o seu obxectivo na vida: arreglar la vida dos demais. A partir de entonces, inventa toda clase de estratexias para intervir, sin que se den conta, na existencia de varias persoas do seu entorno. Entre elas está a súa porteira, que pasa os días bebendo viño de Oporto; Georgette, unha estanqueira hipocondríaca, ou "o home de cristal", un veciño que so ve o mundo a través da reprodución dun cadro de Renoir.



Ficha técnica





Amadeus


Antonio Salieri é o músico máis destacado da corte do Emperador Xosé II de Austria. Entregado completamente á música, promete a Deus humildade e castidade se, a cambio, conserva as súas extraordinarias dotes musicais. Pero, despois da chegada á corte dun rapaz chamado Wolfgang Amadeus Mozart, Salieri pasa a un segundo plano. Irritado pola perda de protagonismo, fará todo o posible para arruinar la carreira do xove músico. Mentras tanto, Mozart, alleo ás maquinacións de Salieri, sorprende a todos coa súa xenialidade como músico, pero tamén coas súas excentricidades.



Ficha técnica
Mozart na biblioteca
Máis Mozart na biblioteca


Billy Elliot


En 1984, durante unha folga de mineiros no condado de Durham, sucédense os enfrontamentos entre piquetes e policía. Entre os mineiros máis exaltados están Tony e o seu pai. Este empeñouse en que Billy, o seu fillo pequeno, reciba clases de boxeo. Pero, aínda que o rapaz ten un bo xogo de pernas, carece por completo de pegada. Un día, no ximnasio, Billy observa a clase de ballet da señora Wilkinson, unha muller de carácter severo que o anima a participar. A partir dese momento, Billy adicarase apaixoadamente á danza. 



Ficha técnica



Anuncio en CineStar de "Billy Elliot" por nooficialCineStar

viernes, 4 de noviembre de 2011

A lingua das bolboretas

1936. Nun pequeno pobo galego, Moncho, un neno de 8 anos, incorpórase á escola despois dunha longa enfermidade. Alí comeza a aprendizaxe da vida co seu amigo Roque e o seu mestre (Fernando Fernán Gómez). O 18 de xullo todo se romperá. a partir deste momento os valores e principios serán relegados e a relación entre aprendiz e mestre vese truncada. Baseada nos relatos "A lingua das bolboretas", "Carmiña" e "Un saxo na néboa" do libro "Que me queres, amor?" de Manuel Rivas.