
En Estados Unidos, no deserto de Mohave, Jasmine, unha alemana e o seu marido teñen unha forte discusión. Ela baixa do coche, colle a maleta e chega a un suxo bar de estrada, o Bagdad Café, rexentado por unha muller negra chamada Brenda. Jasmine instálase alí e, pouco a pouco, entabla amizade cos clientes habituais. Entre eles está un antigo decorador de Hollywood, empeñado en retratar á alemana. Mentras, esta consegue transformar o vello local nun lugar moi popular, ó que cada noite acode unha numerosa clientela.