Etiquetas

  • A (4)
  • B (3)
  • C (7)
  • D (2)
  • E (2)
  • F (2)
  • G (2)
  • H (1)
  • I (3)
  • L (2)
  • M (12)
  • N (4)
  • p (2)
  • R (1)
  • S (5)
  • T (5)
  • U (1)

miércoles, 30 de mayo de 2012

Cantando bajo la lluvia

Antes de coñecer á aspirante a actriz Kathy Selden (Debbie Reynolds), o ídolo do cine mudo Don Lockwood (Gene Kelly) pensaba que o tiña todo: fama, éxito e fortuna. Pero, cando a coñoce, dase conta de que ela é o que realmente faltaba na súa vida. Co nacemento do cine sonoro, Don quere filmar musicais con Kathy, pero entre ambos interponse a raíña do cine mudo Lina Lamont.

viernes, 25 de mayo de 2012

Una noche en la ópera

O extravagante sentido para os negocios de Groucho fai embarcar cara a Nova York ás grandes estrelas da Ópera de Milan, cuns polizóns inesperados a bordo: Harpo e Chico. Entre os tres revolucionan o barco, organizan un escándalo en Nova York e converten a noite do estreo nunha loucura que o mundo da ópera nunca poderá esquecer.






Trailer

miércoles, 16 de mayo de 2012

Las mujeres de verdad tienen curvas


Ana, unha adolescente méxico-americana, está a punto de convertirse en muller. Vive na comunidade hispana do Leste de Los Ángeles, e ao rematar no instituto o seu profesor anímaa a que solicite unha beca para estudar na Universidade de Columbia. Pero seus pais, que son tradicionais, pensan que non é tempo para estudar, senón para axudarlle á súa familia. Dividida entre as súas ambicións persoais e a súa tradición cultural, accede a traballar con súa nai na fábrica de costura de súa irmá, no centro de Los Ángeles.


martes, 15 de mayo de 2012

Murieron con las botas puestas

George Custer (Errol Flynn) chega á Academia de West Point cheo de arrogancia e vanidade. O seu carácter indisciplinado ocasionaralle numerosos problemas cos seus superiores. A pesar de todo, e debido á acuciante necesidade de oficiais para a Guerra de Secesión (1861-1865), é enviado ao frente. Terminada a guerra, casa con Beth (Olivia de Havilland), pero pronto lle asignan un novo destino: a guerra contra os indios. Ao frente do Séptimo de Cabalería, o Teniente Coronel Custer enfrentarase aos indios de Cabalo Louco. A campaña termina coa famosa batalla de Little Big Horn (Montana, 1876).


lunes, 14 de mayo de 2012

Tiempos modernos

Extenuado polo frenético ritmo da cadea de montaxe, un obreiro metalúrxico acaba perdendo a razón. Despois de recuperarse nun hospital, sae e entra na cadea por participar nunha manifestación na que se encontraba por casualidade. No cárcere, tamén sen pretendelo, axuda a controlar un motín, grazas ao cal queda en liberdade. Unha vez fóra, reemprende a loita pola supervivencia en compañía dunha xove orfa á que coñece na rúa.