Etiquetas

  • A (4)
  • B (3)
  • C (7)
  • D (2)
  • E (2)
  • F (2)
  • G (2)
  • H (1)
  • I (3)
  • L (2)
  • M (12)
  • N (4)
  • p (2)
  • R (1)
  • S (5)
  • T (5)
  • U (1)

jueves, 20 de diciembre de 2012

El Señor de los anillos. La comunidad del anillo

Baseada na primeira parte da triloxía escrita por J.R.R.Tolkien. Na Terra Media, o Señor Oscuro Sauron ordenou aos Elfos que forxaran os Grandes Aneis de Poder. Tres para os reis Elfos, sete para os Señores Ananos, e nove para os Homes Mortais. Pero Sauron tamén forxou en segredo o Anel Único, que ten o poder de escravizar toda a Terra Media. Coa axuda dos amigos e de valentes aliados, o xove hobbit Frodo emprende unha perigosa viaxe coa misión de destruir o Anel Único. Pero o malvado Sauron ordea a persecución do grupo, composto por Frodo e os seus leais amigos hobbits, un mago, un home, un elfo e un anano. A misión é case suicida pero necesaria, pois se Sauron co seu exército de orcos lograra recuperar o Anel, sería o final da Terra Media.

Trailer

sábado, 24 de noviembre de 2012

La cena de los idiotas

Para Pierre Brochant e os seus amigos o mércores é o día dos idiotas. A idea é simple: cada un debe levar consigo un idiota. O que leve á cea o idiota máis espectacular de todos é o gañador. Esa noite, Brochant está pletórico: enncontrou unha auténtica xoia. Un idiota redomado. François Pignon, un chupatintas do Ministerio de Finanzas, é un home apaixoado polas súas construcións feitas a base de cerillas. O que Brochant ignora é que Pignon é un auténtico gafe, un mestre no arte de provocar catástrofes.




Trailer

martes, 30 de octubre de 2012

El discurso del Rey

O duque de York (Colin Firth) convertiuse en rei da Gran Bretaña co nome de Xurxo VI (1936-1952), trala abdicación do seu irmán maior Eduardo VIII. A súa tartamudez, que constituía un gran inconveniente para o exercicio das súas funcións, levouno a buscar a axuda de Lionel Logue (Geoffrey Rush), un experto logopeda que conseguiu, empregando unha serie de técnicas pouco ortodoxas, eliminar este defecto do rei.






Trailer

Troya

No ano 1193 a. C., Paris (Orlando Bloom), fillo de Príamo e príncipe de Troia, rapta a Helena (Diane Kruger), esposa de Menelao, o rey de Esparta, o que desencadea a Guerra De Troia, na que se enfrontan gregos e troianos. O exército grego asediou a cidade de Troia durante máis de dez anos. Aquiles (Brad Pitt) era o gran heroe dos gregos, mentras Héctor (Eric Bana), o fillo maior de Príamo (Peter O'Toole), o rei de Troia, representaba a única esperanza de salvación para a cidade.




Ficha técnica
Trailer



domingo, 28 de octubre de 2012

Moulin Rouge

París, finais do século XIX. O pintor impresionista Toulouse-Lautrec, membro dunha familia aristocrática francesa, apaixóase pola vida dos baixos fondos parisinos. Nesta biografía do artista ponse de manifesto a súa búsqueda constante da beleza e a súa desesperación polo terrible defecto físico que padecía.










Trailer

viernes, 7 de septiembre de 2012

El intercambio

Los Angeles,1928. Christine Collins (Angelina Jolie) é unha nai solteira cuxo fillo desaparece sen deixar rastro. Algúns meses despois, a policía comunícalle que encontrou o neno, pero, nada máis velo, Christine dase conta de que non é o seu fillo. Sen embargo, está tan confundida que o leva á casa, aínda que esixe que continúe a busca do seu verdadeiro fillo. Tachada de tola e incapacitada pola policía, por fin encontra un aliado no reverendo Briegleb (John Malkovich), que lle axudará na súa loita.

Ficha técnica



Trailer

viernes, 10 de agosto de 2012

L.A. Confidential

Na central da policía de Los Ángeles, durante os anos cincuenta, tres axentes vense envoltos nunha intriga criminal que destapa os trapos suxos do Departamento. Para recuperar o prestixio perdido, os tres mellores axentes fanse cargo da investigación do caso. O cine negro estaba dormido (case morto) a finais de século, cando de repente  aparece este film maxistral, turbio, intenso e asombrosamente narrado.








Trailer

lunes, 9 de julio de 2012

La Regenta

Época da Restauración (1875-1931). Adaptación da novela homónima de Clarín, que narra as vicisitudes de Ana Ozores, La Regenta, e a sordidez da vida en Vetusta (Oviedo), unha cidade de provincias do norte de España. A xove Ana, casada cun rexente xubilado, vive oprimida pola hipocresía provinciana e os temores místicos duhna relixión absorbente. Sexualmente insatisfeita, acosada por constantes soños eróticos, revela no confesionario os seus íntimos tormentos, e o seu confesor, o Maxistral, comeza a sentir unha morbosa paixón por ela. Paralelamente, Alvaro Mesía, un sedutor, proponse engaiolala. A cidade espera complacida a caída de La Regenta.

Trailer

Fortunata y Jacinta

Serie de TV. Dez episodios. Adaptación da coñecida novela de Benito Pérez Galdós. A acción desenvólvese entre os anos 1865 e 1876. Juan, fillo único da aristocrática familia Santa Cruz, coñece a Fortunata, unha moza de orixe humilde, e entre ambos xorde un amor apaixoado. Sen embargo, a nai de Juan decide casar ao seu fillo coa súa sobriña Jacinta. Despois da viaxe de noivos, Jacinta, cuxa principal ocupación son as obras benéficas, empeza a inquedarse por non quedarse encinta e aprende a sofrir. Mentras tanto, Fortunata coñece a un xove co que acaba casando. Algún tempo despois, Juan e Fortunata volven encontrarse...


Trailer

viernes, 15 de junio de 2012

Una mente maravillosa

Obsesionado coa búsqueda dunha idea matemática verdadeiramente orixinal, o brillante estudante John Forbes Nash (Russell Crowe) chega a Princeton en 1947 para realizar os seus estudos de postgrao. É un rapaz extrano e solitario, ao que só comprende o seu compañeiro de cuarto (Paul Bettany). Por fin, Nash esboza unha revolucionaria teoría e consegue unha praza de profesor no MIT. Alicia Lardé (Jennifer Connelly), unha das súas alumnas, déixao fascinado cando lle revela que as leis do amor están por enriba das das matemáticas. Grazas á súa prodixiosa habilidade para descifrar códigos é requerido por Parcher William (Ed Harris), do departamento de Defensa, para axudar aos EE.UU. na Guerra Fría contra os rusos, actividade pola que terá que pagar un prezo moi alto.

miércoles, 30 de mayo de 2012

Cantando bajo la lluvia

Antes de coñecer á aspirante a actriz Kathy Selden (Debbie Reynolds), o ídolo do cine mudo Don Lockwood (Gene Kelly) pensaba que o tiña todo: fama, éxito e fortuna. Pero, cando a coñoce, dase conta de que ela é o que realmente faltaba na súa vida. Co nacemento do cine sonoro, Don quere filmar musicais con Kathy, pero entre ambos interponse a raíña do cine mudo Lina Lamont.

viernes, 25 de mayo de 2012

Una noche en la ópera

O extravagante sentido para os negocios de Groucho fai embarcar cara a Nova York ás grandes estrelas da Ópera de Milan, cuns polizóns inesperados a bordo: Harpo e Chico. Entre os tres revolucionan o barco, organizan un escándalo en Nova York e converten a noite do estreo nunha loucura que o mundo da ópera nunca poderá esquecer.






Trailer

miércoles, 16 de mayo de 2012

Las mujeres de verdad tienen curvas


Ana, unha adolescente méxico-americana, está a punto de convertirse en muller. Vive na comunidade hispana do Leste de Los Ángeles, e ao rematar no instituto o seu profesor anímaa a que solicite unha beca para estudar na Universidade de Columbia. Pero seus pais, que son tradicionais, pensan que non é tempo para estudar, senón para axudarlle á súa familia. Dividida entre as súas ambicións persoais e a súa tradición cultural, accede a traballar con súa nai na fábrica de costura de súa irmá, no centro de Los Ángeles.


martes, 15 de mayo de 2012

Murieron con las botas puestas

George Custer (Errol Flynn) chega á Academia de West Point cheo de arrogancia e vanidade. O seu carácter indisciplinado ocasionaralle numerosos problemas cos seus superiores. A pesar de todo, e debido á acuciante necesidade de oficiais para a Guerra de Secesión (1861-1865), é enviado ao frente. Terminada a guerra, casa con Beth (Olivia de Havilland), pero pronto lle asignan un novo destino: a guerra contra os indios. Ao frente do Séptimo de Cabalería, o Teniente Coronel Custer enfrentarase aos indios de Cabalo Louco. A campaña termina coa famosa batalla de Little Big Horn (Montana, 1876).


lunes, 14 de mayo de 2012

Tiempos modernos

Extenuado polo frenético ritmo da cadea de montaxe, un obreiro metalúrxico acaba perdendo a razón. Despois de recuperarse nun hospital, sae e entra na cadea por participar nunha manifestación na que se encontraba por casualidade. No cárcere, tamén sen pretendelo, axuda a controlar un motín, grazas ao cal queda en liberdade. Unha vez fóra, reemprende a loita pola supervivencia en compañía dunha xove orfa á que coñece na rúa.









viernes, 27 de abril de 2012

Memorias de África

A principios do século XX, Karen (Streep) contrae un matrimonio de conveniencia co barón Blixen (Brandauer), un mullereiro empedernido. Ambos establécense en Kenia co propósito de explotar unha plantación de café. En Karen Blixen nace un apasionado amor pola terra e pola xente de Kenia. Pero tamén se enamora perdidamente de Denys Finch-Hatton (Redford), un personaxe aventureiro e romántico á antigua usanza, que ama a liberdade por encima de todas as cousas.



Trailer

jueves, 26 de abril de 2012

Nowhere boy



Película biográfica que vai desde a infancia e adolescencia de John Lennon até a formación dos Beatles. Liverpool 1955: John era un mozo de quince anos intelixente e rebelde, cunha familia conflictiva, sin pai, e na que dúas mulleres vivían enfrentadas porque tiñan ideas contrapostas respecto ao seu futuro: Mimi, a tía severa que o criara, e Julia, súa nai, unha muller chea de vitalidade. Impulsado polo desexo de ter unha familia normal, John refuxiase no excitante mundo do rock, onde encontra a súa alma xemelga no adolescente Paul McCartney. Pero xustamente cando John está a punto de empezar unha nova vida, sofre unha tráxica perda. O xoven Lennon, entón, terá que encontrar forzas suficientes para seguir adiante e a súa voz resoará por todo o mundo dando vida       ao mito...
Ficha técnica
Trailer


lunes, 16 de abril de 2012

Sinfonía de primavera

Narra a historia do compositor do século XIX Robert Schumann e a súa muller pianista Clara Wieck, tormentoso matrimonio que foi destruido a causa da fama e o poder da música. Drama biográfico protagonizado por Herbert Grönemeyer, o cantante pop máis famoso de Alemaña.

viernes, 13 de abril de 2012

Love actually

En Londres, pouco antes das Navidades, entrelázanse unha serie de historias divertidas e conmovedoras. "Love, Actually" é unha maneira abreviada de dicir “Love Actually Is All Around” e este é precisamente o argumento da película: mires a donde mires, encontrarás o amor en todas partes. Todos os personaxes, cada un á súa maneira (un primeiro ministro, unha vella estrela do rock, unha asistenta portuguesa que so fala o seu idioma), están relacionados cos aspectos máis divertidos, tristes, inxenuos e estúpidos do amor.
Ficha técnica




Trailer

jueves, 12 de abril de 2012

La duquesa

Inglaterra, século XVIII. Fermosa, sofisticada e adorada polo pobo, Georgiana (Knightley) foi a muller máis fascinante da súa época. Casada moi xove cun dos  homes máis ricos de Inglaterra, o Duque de Devonshire (Fiennes), foi confidente íntima de ministros e mantivo excelentes relacións coa Casa Real. Chegou a ser tamén un icono da moda, e a súa influencia no Partido Liberal foi notable. Sin embargo, fracasou estrepitosamente na súa búsqueda desesperada do amor: desde o apaixoado pero fatídico romance con Earl Gray até o complicado triángulo amoroso co seu marido e a súa mellor amiga Lady Bless Foster (Atwell).


Trailer

domingo, 8 de abril de 2012

Todas las mañanas del mundo

Francia, Século XVII. Narra a historia do mestre de viola máis importante de todos os tempos. É   a vida do ancián Monsieur de Sainte-Colombe, sumido nunha profunda melancolía pola morte da súa muller, e o aínda xove Marin Marais, decidido a ser o seu discípulo para perfeccionar o uso da viola. Ao mesmo tempo, desenvólvese unha relación entre este e a filla do vello mestre. 

jueves, 5 de abril de 2012

Che: el argentino


Biopic do famoso guerrilleiro e revolucionario Ernesto 'Che' Guevara, baseado no seu diario. Narra o periodo da guerrilla en Sierra Maestra, baixo  o mando de Fidel Castro, desde o desembarco do Gramma en decembro de 1956, até a fuxida de Batista, presidente que gobernou Cuba co  beneplácito dos americanos desde 1952. No Festival de Cine de Cannes emitiuse integramente (catro  horas e media). Nos cines comerciais emítese dividida en dúas películas: "Che: El argentino" e "Guerrilla" (uns 140 minutos cada una).






Trailer

miércoles, 28 de marzo de 2012

Mi nombre es Bach

Narra o encontro histórico que se produciu en maio de 1747, en Postdam, entre o compositor Johann Sebastian Bach, case cego e ao final dos seus días, e o xove emperador Federico II, amante da música e gran admirador do vello mestre. Bach, que contaba con 65 anos, fixera unha longa viaxe desde Leizpig para ir ao bautizo do seu primeiro neto Adam, fillo de Emanuel, o seu fillo de 28 años. Nese encontro entre o rei e o famoso compositor, o monarca ve en Bach a un pai ideal, nas antípodas do seu, Federico Guillermo I, e Bach ve no mozo homosexual ao fillo poderoso e resolto que lle gustaría ter, tan distinto a Emanuel, demasiado sumiso e marxinal aos seus ollos. Con Bach viaxa tamén Friedemann, o seu fillo maior, de 30 años, un brillante organista, rebelde por natureza e con tendencia á autodestrucción. A aproximación entre artista e monarca comeza a sementar a discordia entre Bach e a corte.

Ficha técnica

Máis que un trailer




martes, 27 de marzo de 2012

Profesor Holland

Glenn Holland (Richard Dreyfuss) ve como o seu traballo actual como músico en festas privadas non da para moito, mentras soña con compoñer a súa gran obra. Cando se decide a cambiar de traballo e se converte en profesor dunha destartalada escola, descobre a súa verdadeira vocación; ensinar aos xoves a entender a vida a través da música.




Trailer


jueves, 15 de marzo de 2012

Bienvenidos al norte

Phillippe Abrams (Kad Merad) é un carteiro ao que destinan, en contra da súa vontade, a Bergues, un pequeno pobo na fronteira con Bélxica. Pero, cando chega alí, atopa un lugar idílico e xente encantadora. De todas formas, a súa muller (Zoé Félix), da que está bastante distanciado, asegúralle que vive nun auténtico inferno, co  fin de despertar a súa compasión. Pero un día ela decide ir verlo. Entón Abrams pidelles aos seus novos amigos e veciños que representen unha farsa e se comporten de forma que pareza que a vida nese pobo é verdadeiramente unha pesadilla. Obtivo un enorme éxito de taquilla en Francia: máis de 110 millóns de euros, ademais doutros récords como ser a cinta francesa máis taquilleira da historia en Bélxica.

Ficha técnica

martes, 28 de febrero de 2012

Amor inmortal



Ano 1827. Unha fervorosa multitude enche as rúas de Viena para rendir a súa última homenaxe a un xenio: Ludwig Van Beethoven. No seu testamento o músico decidiu legar todo o que posuía a unha muller descoñecida, o seu amor inmortal. Ninguén sabe quen é. A única pista para descubrir a súa identidade é unha carta.










Trailer


martes, 21 de febrero de 2012

Los hermanos Marx en el Oeste





Os irmáns Marx diríxense ao Oeste para facer fortuna. Alí adquiren unha propiedade dunha mina sin valor pero cuxo terreo é moi cobizado por unha compañía de ferrocarrís... Outra divertidísima comedia dos irmáns Marx con inolvidables gags entre os que destaca a delirante escea inicial do timo mutuo na estación.


Ficha técnica






Trailer

viernes, 10 de febrero de 2012

El gran dictador



Un humilde barbeiro xudeu ten un parecido asombroso co dictador de Tomania, un tirano que culpa aos xudeus da crítica situación que atravesa o país. Un día,os seus proprios gardas confóndeno co barbeiro e lévano a un campo de concentración. Ao mesmo tempo, ao pobre barbeiro confóndeno co tirano. 





Ficha técnica





Trailer


domingo, 15 de enero de 2012

Slumdog Millionaire



Jamal Malik (Dev Patel) é un adolescente pobre de Bombai que participa na versión hindú do programa "Quen quere ser millonario?". A punto de conseguir 20 millóns de rupias, que é o premio máximo do concurso, o xoven é interrogado pola policía, que sospita que está facendo trampas. Pero para cada unha das preguntas, Jamal ten unha resposta.
















Ficha técnica

Trailer: